FORO- OS COROS AFECCIONADOS NA SOCIEDADE ACTUAL

Os días 30 de novembro e 1 de decembro, terá lugar no Auditorio do Concello de Vigo a partir das 10:30 horas, un FORO, onde se tratarán temas relacionados co mundo coral. Cada un dos temas terá un presentador e un moderador. Os temas a tratar son os seguintes:

- A declaración institucional de recoñecemento da actividade coral como ben cultural na nosa sociedade.

- Coros e mestres.

- Discografía imprescindible da música coral galega.

- O canto coral durante a adolescencia: investigación e praxe.

- Poroblemática do Canto coral nos coros asociados a FE.CO.GA

- O fenómeno ACOPOVI.

Rematará O FORO o día 1 de decembro cunha Mesa redonda cos participantes dos relatorios do Foro.

O Foro conta coa colaboración do Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra. ACOPOVI e a Coral Máximo Gorki.